FORMACIÓN:CURSO BLOQUE ESPECÍFICO TÉCNICO EN SURF (NIVEL I)
 

Xa está aberto o prazo para a convocatoria do "Curso de Adestrador de Surf de Nivel I: Bloque Específico".

A Federación Galega de Surf convoca o "Curso de Adestrador de Surf de Nivel I: Bloque Específico"


Tal e como se indica no REAL DECRETO 1363/2007, do 24 de outubro, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas deportivas de réxime especial. («BOE» 268, do 8-11-2007.)
Os cursos de técnicos constan de 3 niveis, cada un destes niveis está formado de tres bloques:


1-Bloque común: pódeste informar sobre as convocatorias deste bloque en www.deportegalego.eu ou poñéndote en contacto coa Escola Galega do Deporte.


2-Bloque específico: convocado pola Federación Galega de Surf: www.fgsurf.com .

3-Prácticas: Ao aprobar o bloque común e o bloque específico establecerase un período de prácticas de 150 horas nunha das escolas homologadas da FGS elixida polo alumno.

 
“Bloque Específico”


O curso desenvolveráse nos meses de Febreiro e Marzo de 2010 o lugar de realización será no Edificio Carballo Calero, Plaza del Inferniño. FERROL-A Coruña.


Inscripción ata o Mércores 17  de Febreiro inclusive
O prazo para inscribirse no bloque específico e ata o día 17 de Febreiro, para o envío das inscripcións pódense cubrir os datos que se piden na ficha de inscripción, nun e-mail e envialo a info@fgsurf.com, tamén se pode tramitar enviando un fax coa ficha de inscripción ao número 986 299378. No momento de facer o ingreso no banco prégase constar no concepto o nome da persoa inscrita no curso e sinalando Curso de Técnicos.  Mais información nos documentos adxuntos.


As persoas que teñan que realizar as probas de acceso: deberán presentarse o venres 19 de Febreiro as 16:00 h. na Praia de Doniños  (Ferrol)  , deberán levar táboa e traxe de surf para a realización das probas.

 


Fuente: federacion galega de surf

Comentarios (0)


No hay comentarios
Añadir comentario